Arte


BENVID@S!!!
 


Neste apartado colgarei obras de arte feitas por min, trucos para pintar mellor, cadros que vexa e quizais me propoña pintar etc.

En fin, espero que vos guste e que desfrutedes moito.

                                                                         



 





Bo día, hoxe vou ensinarvos un cadro que vin na Internet  e que me gustou bastante. Non é seguro, pero pode que no futuro intente pintalo.






                                                                                           











O MEU PRIMEIRO CADRO

Ola, hoxe vou ensinarvos unha foto do PRIMEIRO cadro que fixen:







   Recordade que o primeiro cadro nunca é o mellor, posto que iso so se consigue con:

ESFORZO
PACIENCIA
PRÁCTICA



O MEU SEGUNDO CADRO


Bo día, a última vez colguei unha foto do me primeiro cadro, e hoxe vou colgar unha foto do meu segundo cadro:
             
DÁDEME A VOSA OPINIÓN


Ola, hoxe vouvos pedir a vosa opinión para que me axudedes a escoller entre dos cadros que vin na Internet e encantáronme os dous, nun futuro pintareinos, PERO, cal pinto primeiro?
Eu non me dou decidido a verdade, aquí déixovos unha foto de cada un:


O MEU TERCEIRO CADRO


Ola, hoxe vou colgar unha foto do meu terceiro cadro, claramente tampouco vai ser perfecto, pero notaredes diferenza respecto co primeiro cadro. Aquí vos déixovos unha foto:   







 
ARTE ABSTRACTA

                         
Hoxe vouvos falar dun tipo de pintura que se chama “arte abstracto", que é un debuxo que non representa cousas concretas, senón que propón cousas dunha nova realidade. Aquí vos deixo unha foto para que o vexades por vos mesmos:








PUNTILLISMO


Fai pouco faleivos dunha técnica para pintar que se chama "arte abstracta" e hoxe vouvos falar doutra que se chama "puntillismo". So con escoitar o nome moitos xa saberdes de que vai, pero aínda así vóuvolo explicar:

O puntillismo é un estilo pictórico no que se empregan pequenos puntos de cores primarias creando a impresión dunha ampla gama de diversos contrastes de cores.
Aquí vos deixo unha imaxe:




 
                      

ARTE POP


Hoxe vouvos falar de outra técnica para pintar, que se chama "arte pop"(si, xa sei que xa van 3 técnicas de debuxo seguidas)que consiste no seguinte:

A arte pop foi un movemento artístico xurdido a fins da década de 1950 en Inglaterra cuxas características son o emprego de temas e imaxes.
Aquí vos deixo unha foto:




 O MEU CUARTO CADRO


Hoxe vou colgar unha foto do meu cuarto cadro, xa me diredes que tal, posto que este é algo diferente, bueno mirade a foto e a ver que vos parece:
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 RECONTANDO  VOTOS

 Como vexo que xa hai bastantes votos da entrada "dádeme a vosa opinión", e xa ninguén comenta nada sobre esa entrada, púxenme a contar os votos, e bueno, a verdade que non foi difícil, posto que... todos os votos foron para o cadro da esquerda!!! 
Pero literal, todos, absolutamente todos para o cadro da esquerda.
E como o prometido é dúbida, vou pintar primeiro o cadro da esquerda, e despois pintarei o da dereita, porque dixen que ía pintar os dous. Cando o remate xa vos ensinarei que tal me quedou.
 
 
POÑÉDELLE NOTA
  
Hoxe vou colgar unha entrada un tanto similar a de "dádeme a vosa opinión", pero non é exactamente igual. Na entrada de dádeme a vosa opinión púxenvos dous cadros e vos tiñades que escoller a que máis vos gustara, e nesta ocasión vou poñervos un so cadro e vos tendes que poñerlle unha nota do 1 ao 10

  








 VAN GOGH

 

Hoxe vou empezar cunha nova temática, na que vou escribir un resumo da biografía dalgún pintor famoso e un dos seus cadros máis famosos. E como xa vistes no título, hoxe imos empezar con Van Gogh:

 

                                                     Vicent Willem van Gogh 

 — Naceu en Zundert o 30 de marzo de 1853.

Foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo.

— Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos.

— Tivo inclinación cara ao o debuxo dende moi novo.

-O seu primeiro traballo foi unha empresa de marchantes de arte. 

— Morreu en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890. 

 

 

 Noite estrelada


 

 

 

 

 SURREALISMO

 

 Hoxe vouvos explicar outra técnica de pintura chamada surrealismo, que consiste no seguinte:

-O surrealismo foi un movemento artístico e literario de vanguardia fundado en 1924 por André Breton, que consistiu na expresión do subconsciente por medio da literatura, da pintura, da escultura, da fotografía e do cine.

Aquí vos deixo unha imaxe:    

 

 

 

 Nos comentarios deixádeme dito que foi o que vistes primeiro.

 

 

 

  FRIDA KAHLO


Hoxe vou falarvos de Frida Kahlo, aínda que seguramente moitos de vos xa a coñeceredes, pero aínda así eu vouvos poñer unha pouca información da súa vida, coma unha pequena biografía, bueno, non me enrollo máis, imos aló!


Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, (tamén chamada Frida Kahlo) foi unha pintora mexicana nada a 6 de xullo de 1907.

As súas obras máis importantes son:

Las dos Fridas, La columna rota, Diego y yo, etc.



 CURIOSIDADE


Teño unha curiosidade, e ao ao mellor vos podedes axudarme, veredes:

Estaba mirando na Internet cadros e topeime con varios que me gustaban moito, ao final decidinme por un, pero teño curiosidade de si vos pensades o mesmo, así que vouvos poñer aquí as fotos e vos vades decidir cal vos gusta máis, e ao final verei se a que eu escollín coincide coa que vos encollestes, en fin, estas son as fotos:



A)                                                              



B)











C)










 Votade nos comentarios!



 CUBISMO


Hoxe vou ensinarvos unha nova técnica de debuxo chamada "CUBISMO"

O cubismo foi un movemento artístico desenvolvido entre 1907 e 1914. Tómase 1907 como data de referencia porque neste ano se produciu o encontro entre Braque e Picasso.



 

 EN PROCESO

 Fai moito que non escribo nada, así que, vou contarvos o que estou facendo agora, veredes:
Resulta que o meu pai vai abrir unha panadaría, así que decidín facerlle unha pequena decoración.
A idea en si ocorréuselle a miña mestra de pintura, era un cadro cunha barra de pan, pero despois cambiamos de idea, pensamos que en vez de pintar un cadro, sería máis orixinal unha manualidade.
A  manualidade ía ser unha barra de pan, e iso é o que empecei a facer, pero, volvemos cambiar de idea.
En lugar de facer unha soa barra de pan, mellor dúas, e así poñelas nunha cesta. Pero non so iso, si non que a parte, de fondo íamos poñer un campo de trigo, eu teño máis ou menos o resultado en mente, pero quen sabe se no futuro volve haber outro cambio.

Comenta se che gusta a idea.

Comentarios

  1. Eu prefiro o que ten árbores rosas

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume o da esquerda

    ResponderEliminar
  3. Ola. Alguén pode ver a imaxe do terceiro cadro? É que eu non a vexo, é coma se non aparecese :(.
    Se alguén sabe, porfa, que responda.

    ResponderEliminar
  4. Ola!!! Respecto á entrada de 'DÁDEME A VOSA OPINIÓN', o que máis me gusta é o da ponte, é precioso, e penso que o deberías pintar agora, na primavera... A ver se gaña ise!!!
    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Respecto a `CURIOSIDADE´ gústame o C, pero o A tamén é moi chulo

    ResponderEliminar
  6. Encántame este apartado do blog. Non me interesa moito apintura, pero encántame ver como a xente vai mellorando no arte e coñecer datos sobre artistas e.t.c. A verdade e que é un dos mellores blogs que vin, grazas por facerme pasar un bo rato. <3<3

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Escriba aquí o seu comentario

Publicacións populares deste blog

BENVID@S!!!!!!

Un novo proxecto!!!

Letras Galegas