Manualidades

BENVIDOS E BENVIDAS A  O MEU APARTADO

VOU COLGAR MOITAS MANUALIDADES SENCILLAS COMO COMPLICADAS etc


   Bo día, hoxe imos facer unha anualidade. Será un bosque.
   MATERIAL:
 — folio de cor azul escura ou clara
 — cartolina verde
  — paus finos
  — cinta de cor marrón
  — papel  de cor azul claro
   — tesoiras
   — papel amarelo
    — silicona
    — bolígrafo negro.😀


 COMO FACELO: 

1: No fondo do papel  azul poñemos papel pinocho de tal forma que quede coma un río.

2: Ao lado do río poñemos cinta coma se fose terra e  cortamos cartolina verde que colocaremos encima do folio formando montañas.

3: Cortamos pequenos anacos de paus das brochetas e con outra cor distinta de verde cortamos follas pegámolas con silicona e pola parte puntiaguda do pau clabámola e así acabaría.😌

ADVERTENCIA: Se eres neno ou nena pídella axuda a calquera familiar coas tesoiras e a máquina de silicona ou senón podes facerte moito dano.😨😧







Ola hoxe vin unha  manualidade moi bonita en Internet e supoño que nun futuro fareino aquí déixovos unha foto:



Ola hoxe imos facer un collage.

elementos:

— papel calquera cor

— —— cartolinas de cores

— lapis

— tesoiras

— e pegamento


Como facelo: 

1No papel debuxades o que queirades.

2Cortades pequenos cachos de cartolina pegádelos co pegamento.

3Deixádeo secar. FIN.👸🤴



ADVERTENCIAS❗: Se eres menor de idade coidado coas tesoiras pídelle axuda a un adulto.





Hoxe imos facer un sobre de origami que por dentro ten unha nota secreta, vamos alá!:


Materiais:


Papel branco ou de cores

Rotuladores



Como facelo:


1_Dobla o papel pola metade e logo dobra as puntas coma se foses facer un avión logo os triángulos que che queden dóbraos hasta a liña da beira.


2 Dalle a volta e pinta logo mete o triángulo que queda no oco coma se fose un sobre pon a túa firma e xa está lista!!!!!!!!!!!!!!!
 
 
 
 
 COMO FACER UN SHURIKEN DE ORIGAMI:

MATERIAIS:

— Papel de cor ou normal
   
PREPARACIÓN:

— Dobra o papel pola metade e dende a liña que se forme facede outra dobrez polos dous lados
— Repíteo con outro papel
— Cando teñas unha especie de armario dóbrao dúas veces cara a arriba, e repíteo co outro papel
— Logo abre e coa liña que che quedou no medio fai un triángulo
— Dobra as puntas coma se foses facer un triángulo e dóbrao ata a liña de diferentes lados nos dous papeis
— Dalle volta ao que che quedou e cos dous cadrados das puntas que che quedaron dóbraas e forma un triángulo nos dous papeis
— A un dos papeis dálle a volta e colócao encima do outro coma se fosen dous triángulos
— As dúas puntas que están debaixo dos dous triángulos méteas nos ocos 
— Cando este feito iso dálle a volta
— Logo co que quedou dálle a volta e metes os dous extremos nos ocos do medio
— E así xa terías o shuriken!
— Se o fixeches con papel de cor branco recoméndoche pintalo, pero isto é opcional.
Espero que vos saíra xa que é un pouco complicada
Se vos saíu poñédemo nos comentario




Ola!!!! Fai tempo que non escribo nada no meu apartado así que aquí  xa estou ao (100%) para escribir, bueno, hoxe so vos vou ensinar unha cousa pero xa escribirei moito máis.


Esta manualidade encantoume para facer no nadal xa que se está achegando moi rápido...




Ola, hoxe imos facer as arbores de Nadal que ensinei o outro día.


Materiais:

— Paus cos que che mira o médico a gorxa

— Gomaeva dourada ou prateada con ou sen purpurina

— Pedras de cores

— Corda

— Pistola de silicona

— Tesoiras



Preparación

1_ Collemos os paus e cortámolos  cada vez máis pequenos so se necesitan 6 paus un para o tronco e 5 para as follas.

2_ Pintamos os paus e coa pistola de silicona pegámolos no pau que fai de talo.

3_ Pegamos as pedras nas follas.

4_ Coa gomaeva  facemos unha forma eu fixen unha estrela e pegámolo na punta do talo.

5_ Coa silicona pegamos a corda e xa está listo!!!!!!
 

E isto e todo por hoxe espero que vos quede xenial.


















Comentarios

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Hola,este apartado encantoume e pueden chegar a facer o shuriken de papel

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Escriba aquí o seu comentario

Publicacións populares deste blog

BENVID@S!!!!!!

Un novo proxecto!!!

Letras Galegas