Literatura

 BENVIDAS!!!! 

Neste recuncho da intranet colgarei relatos feitos por min mesma, recomendacións de libros... Espero que che guste e que desfrutes moito!!!

Moitas apertas!!!


HARRY POTTER  

Recomendación

Boa tarde!!!
Hoxe escribo para recomendar a colección de libros de Harry Potter, escritos por J.K. Rowling. Son moi emocionantes e teñen unha trama que te engancha moito. 
Eu son superfan desta colección, e recoméndoa moitísimo. 
Trata sobre un neno que descubre que é mago, cando el estaba sendo criado polos seus tíos, que detestan a maxia. Vai a unha escola de feiticería e vive moitas aventuras cos seus amigos Ron e Hermione.
Podédelos atopar na Biblioteca Pública de Ourense, en galego. 
Espero que vos gusten!!!
                                

P.D.: Velaquí un canal de YouTuBe, no que se fala de Harry Potter. Chámase Capa Invisible. Bótalle unha ollada  pinchando aquí. Agora si,  ata logo!!!



PODO ATRAVESAR AS PAREDES

Relato

Boas noites/tardes/mañás!!!
Hoxe traio un pequeno relato que escribín na casa. É coma se fose un diario escrito pola protagonista. Como saberás polo título, chamase ``Podo atravesar as paredes´´  Agardo que sexa do voso agrado!!!


``PODO ATRAVESAR AS PAREDES

                                                                                                                                                     30/01/2025

Teño un superpoder. É atravesar as paredes, e non me gusta nada. Calquera outro superpoder estaría guai, pero o meu non. O meu favorito é poder controlar os elementos, pero nacín co de atravesar os poderes, e así será sempre!

Que aburrimento!


                                                                                                                                                    31/01/2025

Acábaseme de ocorrer unha cousa. Eu podería ter o meu superpoder favorito, pero só se a persoa que o ten morre. A esa persoa chamámoslle Avatar. Se morrese Lúa (a actual Avatar) eu podería ser a nova Avatar. Pero claro, hai miles de persoas, e é pouco probable que me toque a min.

Menuda cousa!
                              Sasha


                                                                                                                                               1/05/2025

So teño unha vantaxe para a idea que che dixen onte. Meu irmán é o Avatar. Cabe aclarar que hai un Avatar e unha Avatar. Se morre Lúa, eu podería ser a próxima!

Que cousas máis contraditorias!
                                                          Sasha



                                                                                                                                                23/03/2025

Hoxe pasou unha cousa tráxica, pero un chisco esperanzador. Morreu Lúa. Mañá será o día no que celebraremos a súa morte (o funeral, vamos), e unha semana despois toda a rexión irá á praza da Avatar, para ver quen é a próxima.

Que emoción!
                          Sasha

                                                                                                                             31/03/2025

Onte foi a cerimonia da para escoller a próxima Avatar. Eu estaba toda nerviosa, atravesando tanta parede como se me puña por diante. Por fin chegou a hora. Un raio de lúa (desta vez fora un raio de lúa porque a Avatar se chamaba Lúa) foi percorrendo cada persoa que alí había. Cando rematou, iluminou á próxima Avatar. Adiviñas quen? Eu, claro que si!
Que ben!
               Sasha´´






LETRAS GALEGAS

Festexo

Feliz día das Letras Galegas!!! 
Hoxe é un día moi especial na nosa terra, pois, aínda que a idea da RAG é homenaxear aquelas persoas que destacasen polas súas creacións literarias, para min é algo máis que iso. Para min é celebrar que a nosa lingua, o galego, a pesar de todo o que está sufrindo, séguese  a falar, aínda que pouco, e tamén seguir loitando pola nosa fala. Este día é moito máis que o que nos propón a Real Academia Galega, é algo moito maior.
Así que, a celebralo ao voso xeito, bailando, falando ou mesmo durmindo, E en galego.

                        VIVA A NOSA LINGUA!!!

GOLPES DE  LUZ

Recomendación

Ola!!! Tras moito tempo, volvo escribir neste blog, pra recomendarvos un libro, titulado GOLPES DE LUZ. É moi entretido, aínda que é máis pra un público un chisco máis maior, non tan infantil. 
Neste libro coñeceremos a Xulia, que acaba de separarse e volve a Galiza co seu fillo, á casa da súa nai, Luz. O neno, Sebas, cre que a súa avoa é Thor, porque nunca se separa do seu martelo. Na trama descubriremos moitos segredos familiares dende a perspectiva de Luz, Xulia e Sebas.
Se queredes ler as primeiras páxinas pinchade aquí. Está en castelán, aínda que o libro orixinal é en galego. A autora é Ledicia Costas, que escribiu moitos libros infantís, como Escarlatina, a cociñeira defunta, A Balada dos Unicornios, A Señorita Bubble ou Vampira de Biblioteca, entre outros.
Espero que vos guste este libro, a min fascinoume!!!




UNHA CONFESIÓN DIFÍCIL

Pequeno Relato

Que, intrigados polo relato que ven a continuación? Pois ides ter que esperar un chisco, pois vouvos contar a orixe deste relato primeiro... Algo malo tiña que ter que publicase dúas cousas no mesmo día!!!
Resulta que estaba buscando ideas para relatos en Google, e atopei unha que me chamou a atención: Unha confesión poñía. Ó principio descartei a idea, pero penseino mellor, e unha lámpada iluminouse na miña cabeza. Ó principio tiña outro nome para unha persoaxe, (dicide nos comentarios quen pensades que é) pero cambieillo por un nome que lle da moito xogo á historia...
E así tomou forma este pequeno relato, que, escrito moi rapidamente, me pareceu fantástico para darlle unha volta á historia na segunda parte, e, agora que o penso, podería facer unha terceira e darlle outra volta... Comentade que xiros pensades que pode dar!!! E, sen máis dilación, o relato!!!


                                                    ``UNHA CONFESIÓN DIFÍCIL

O meu nome é Ánais. Dá un chisco de vergoña escribir este relato, pero non se me ocorría outro tema 

para o concurso... Pero, se vou falar de Alex, vai ser mellor que antes vos explique por que

fago esta confesión, que coñecerá todo o mundo...

Ben, pois resulta que, un día, a mestra díxonos que tiñamos que facer un relato para un concurso, que 

era a nivel de clase, é dicir, dos relatos de todos os compañeiros escolleríamos un para presentar, e des-

Pois sería escollido o mellor de todas as clases para presentalo a nivel de cole. Despois a profe dixo que

teriamos  que desvelar algún segredo no noso relato. Cando Úrsula, a nosa mestra, dixo isto, todos co-

mezamos a tremer. A mestra (ou harpía, como comezamos a chamarlle dende entón) tentou tranquili-

zarnos, e dixo que non tiña que ser un segredo moi grande so algo que os demais non coñeceran de nós

Aí comezamos a respirar, aínda que moi rapidamente e con nerviosismo. Logo, Úrsula dixo que come-

záramos a escribir, que o tempo corría e que so tiñamos unha semana para presentar o relato gañador da

clase. Entón comecei a pensar que podía escribir que non coñeceran sobre min... Era complexo, pois 

non tiña moitos segredos... Ó final descubrín unha cousa que ninguén sabía: Álex. Non era que non co-

ñeceran a Alex, porque ía na nosa clase, pero non sabían que... Bueno, agora chegou o momento de

desvelar o importante da historia:

Gústame Alex

Vale, poreino máis grande...

Gústame Alex

Así chega? É que me dá vergoña... Total, xa contei o que dixo a profe que contáramos. E agora, que po-

do dicir? Está ben, seguro que vos interesan os detalles, seguro que tedes preguntas como...


a) Alex sabe que che gusta?

b)Gústaslle?

c) Ou a Alex gústalle outra persoa?


Pois, para a vosa información, (e para que á profe lle valga o relato) velaquí as respostas:


a)Non.

b)Non o creo.

c)Rumoréase que a Alex lle gusta Lucía.


Bueno, contentos? Non me colle máis, así que creo que imos facer unha cousa. Se este relato vai como 

representante da clase, farei segunda parte, porque nesta temos número limitado de palabras, so pode-

mos catrocentas, e xa se están achegando... aquí a catrocentos.



Ánais Saria Dapra, 5 °E.P., C.E.I.P. As Lebres Na Escola, a 08/06/2022



DÚBIDAS

Solicitude

Si, xa sei que fai nada publiquei un relato, pero... custoume o seu atopar a temática, a inspiración. Entón decidín que ía pedirvos axuda para o próximo relato. Así que, que vos parece que, invertades un chisco do voso tempo en escribir nos comentarios (a parte da pregunta que puxen onte, non se vos esqueza, que creo que é interesante) se queredes que continúe co relato de onte, se queredes que escriba outro relato dunha temática en especial... Porque quero escribir cousas que vos resulten interesantes, así que preciso da vosa axuda!!! Por favor, comentade que vos parece, eu tentarei revisar os comentarios cada pouco tempo.


VOLTA Ó BLOG

Ola!!! Bos tardes, noites ou calquera outra parte do día!!! 
Facía moito tempo que non escribía nada no blog. Na miña defensa só podo dicir que era verán e estaba de vacacións. Pero bueno, xa estou aquí de novo!!! Agora tentarei escribir regularmente, cada semana se podo, pero... non prometo nada. 
Por certo... Que tal este inicio de escola? para min foi marabilloso, espero que para vos tamén. 
Unha aperta!!!



HAI UNHA PORTA SEGREDA NA COCIÑA

Conto

Ola!!! Hoxe preséntovos unha historia escrita por min. Agardo que voa guste!!

                                  
                                                 ``HAI UNHA PORTA SEGREDA NA COCIÑA

   Hoxe fun á neveira a coller unha mandarina cando vin que había unha nota que poñía: `A         porta está detrás da principal´. Eu púxenme a pensar que podería significar aquelo, pero, de     repente, un ruído dunha porta abríndose fíxome deixar de pensar. 
   Ao día seguinte estaba cansa, pero xa descubrira onde estaba aquela porta. Detrás da porta       da cociña! Dirixinme á cociña para abrila. Ó facelo, descurbín a uns homes de negro detrás         da porta. Acerqueime e tentaron raptarme! Agora estou escondida nun armario, rezando           para que eles non me atrapen.



                     CONTINUARÁ......







Comentarios

Publicar un comentario

Escriba aquí o seu comentario

Publicacións populares deste blog

BENVID@S!!!!!!

Un novo proxecto!!!

Letras Galegas